Comarcas

Ás pistas polideportivas de Abrente e Herville sólo lles falta o sprint final

José Ramón Lete
José Ramón Lete

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou as obras que xa están a piques de rematar nas pistas polideportivas de Abrente, na parroquia de Torroso, e de Herville, na parroquia de Cela. O Secretario Xeral estivo acompañado en todo momento pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes, Alberto Méndez.

O pasado mes de novembro o Concello e Secretaría Xeral para o Deporte asinaban un convenio polo cal a administración autonómica asumiu a meirande parte dos gastos derivados das obras nestas pistas polideportivas. Os traballos están prácticamente finalizados.

 O orzamento total das obras nas dúas pistas ascende a uns 170.000 euros dos cales 108.000 serán asumidos pola Secretaría Xeral para o Deporte, tal e como se estableceu  no convenio asinado en novembro. A cantidade restante apórtaa o Concello en dúas anualidades. Neste sentido, a rexedora local agradeceu “a gran aportación económica que nos fixo a Secretaría Xeral para estas dúas pistas”.

O Secretario Xeral recibiu de mans da alcaldesa e do concelleiro de Deportes, durante á reunión previa á visita das pistas, posibles proxectos para realizar durante o presente ano 2010 e para os que os dirixentes municipais buscan a colaboración da Xunta de Galicia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.