Deportes Galicia

Xornada de músculos parados debido á folga dos traballadores deportivos

Chegar a cobrar mil euros no 2012. Ese é un dos obxectivos que move aos traballadores e as traballadoras das instalacións deportivas de toda Galiza a secundar masivamente a nova convocatoria de folga no sector. A resposta da patronal aínda está por chegar. Calcúlase que 100.000 persoas de toda a comunidade quedarán hoxe sen facer exercicio a non ser que saían a correr pola rúa. A proposta sindical concrétase en:

-Salario base: 1.000 euros no ano 2012 en 14 pagas para as categorías que no convenio estatal cobran 713 euros no ano 2009.

-Vixencia até o 31 de decembro de 2012.

-Xornada: Limitar a distribución irregular para os contratos inferiores a trinta horas semanais.

-Xornada anual: Ano 2009: 40 horas. 2010: 39 horas. 2011: 38 horas. 2012: 37 horas.

– IT: 100% para os que xa a gocen, enfermidades profesionais, hospitalización e do 1º ao 5º día de continxencias comúns, e a partir do 6º día o 85%.

-Atrasos: Aboamento dos atrasos de 2009, nos termos que se pacten.

También te puede interesar