RGPD - Cookies
_agenda Agenda

A natureza toma as paredes da Casa da Xuventude

Todo coa nova exposición que chega ao inmoble, ‘Descubrindo a natureza’, na que Mary Rodríguez e Mercedes Brianes expoñen ata o 12 de febreiro principalmente pinturas con paisaxes galegas que se realizan de forma natural, sen desvirtuar o motivo. Estudantes de debuxo e pintura, as artistas empregan cores alegres para plasmar no lenzo a beleza e a vida que existe na nosa natureza. Nesta colección de obras emprégase técnica mixta ao óleo, dando formas e texturas con espátula e pincel.

Poderás ver a exposición na Casa da Xuventude de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

También te puede interesar