Vigo al día

Feijóo pediulle a Sócrates que o AVE Oporto-Vigo funcione en 2015

ave-renfeAlberto Núñez Feijóo, propuxo onte que os Gobernos de España e de Portugal asinen un protocolo para “clarexar” os prazos de inicio do AVE Vigo-Porto e garantir a posta en marcha desta infraestrutura “clave” para Galicia. Así o sinalou o titular da Xunta á saída da xuntanza co primeiro ministro de Portugal, José Sócrates, na que definiron unha axenda de contactos entre o Executivo galego mailo portugués para tratar “de forma bilateral e con concreción” os principais asuntos que unen a ambos territorios.

A conexión por alta velocidade foi un dos eixos da rolda de contactos que Feijóo deseñou na reunión con Sócrates quen, segundo o presidente da Xunta, lle trasladou a “decisión estratéxica” do Goberno luso de facer o AVE a Galicia. Neste senso, Feijóo plantexou a necesidade de concretar os prazos para esta infraestrutura a través dun protocolo entre os Gobernos español e luso, como fixeron para o AVE á Meseta os Gobernos español e galego. De feito, avanzou que lle trasladará esta proposta ó ministro de Fomento, José Blanco, no encontro que manterán o luns en Madrid.

Sería bo para todos o compromiso dos dous gobernos e resaltou que o máis importante é blindar a data de inicio do AVE a Portugal porque “nada que non se inicia poida ser acabado”. “É bo que Galicia e o Norte de Portugal saibamos as datas de inicio desta grande infraestrutura”, destacou, e engadiu que a continuación se poderá “concretar polo miúdo como podemos chegar a finais de 2015 coa obra acabada”.

Núñez Feijóo e Sócrates tamén abordaron as infraestruturas viarias máis importantes para dar “fluidez” á conexión por estrada entre ambos países. Concretamente, o presidente galego subliñou a necesidade de axilizar a conexión da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves con Portugal; así como da Vía de Altas Prestacións Tui-A Guarda coa Autovía da Costa portuguesa, a través da Ponte da Amizade.

 

También te puede interesar