Deportes Vigo al día

Premio Galicia de Xornalismo Deportivo na web para o Seis do Nadal

O próximo 22 de febreiro o Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia terá que vestirse de gala para recoller en Santiago de Compostela o galardón conseguido nos ‘V Premios Galicia de Xornalismo Deportivo’ na modalidade Internet, co que a Federación Galega de Prensa Deportiva quere premiar a páxina web do clube vigués.

O xurado quere recoñecer deste xeito a calidade do desenvolvemento e a capacidade de esforzo que o clube de base aporta para situarse á vangarda da información.

También te puede interesar