Cultura Vigo al día

No Marco expóñense ‘cousas que sólo un artista pode facer’

 

Paola Pivi
Paola Pivi

Albert Camus dedicou un ensaio á figura mitolóxica de Sísifo como reflexo da condición absurda do home moderno, falando da confusión ou paradoxo entre o esforzo desmedido do traballo inútil e sen esperanza, e o posible goce. Na práctica artística contemporánea podemos atopar con facilidade a pegada deste paradoxo en artistas da última xeración.

‘COUSAS QUE SÓ UN ARTISTA PODE FACER’ xorde como parte dunha investigación que estuda a presenza do humor na arte contemporánea. O proxecto fixa a súa atención na aparición de certas actitudes artísticas nas que o humor se manifesta dun modo próximo ao absurdo. A exposición, que permanecerá aberta dende hoxe ata o 2 de maio, reúne traballos dunha serie de artistas que se empeñan en proxectos que han de implicar un grande esforzo. Un esforzo irracional e desproporcionado en relación cos resultados que se pretende obter, e que, a través do absurdo, mostra ese interese da arte actual por utilizar o humor como vehículo de expresión, ademais de resultar revelador sobre a evolución da figura do artista.

Que é o que os fai chegar a extremos nos que o absurdo e o humor poden máis que a razón práctica? Sen dúbida, unha nova actitude do artista, unha nova forma de enfrontarse á súa creación, e un xeito de situarse no mundo. Os artistas invitados a esta mostra comparten referentes artísticos, e sobre todo unha forma de traballar común. As pezas que se exhiben en salas son vestixios de accións, rexistros, documentación ou dispositivos que falan dos seus proxectos.

  • ARTISTAS
    Julien Berthier, Gelitin, Piero Golia, Leopold Kessler, Yamashita+Kobayashi, Enrique Lista, Aleksandra Mir, Gianni Motti, Paola Pivi, Wilfredo Prieto, Tere Recarens, Xu Zhen

También te puede interesar