Vigo al minuto

O Celta atopará a gloria ou o inferno esta noite en Balaídos

Máis que nunca, o Celta necesita unha inxección de moral, e a oportunidade de hoxe é a mellor: chegar a semifinais da copa e amosar ese bo xogo e resultados na liga. De perdelo, o traspés pode ser enorme de cara á liga. Tralo bo futbol praticado no Calderón, o Celta afronta coa máxima ilusión o partido de volta dos cuartos de final da Copa do Rei (xoves, 22.00 horas, Balaídos). Espérase gran asistencia de público. Para completar xesta e meterse en semifinais, os celestes necesitan á súa afección, polo que o club fixou prezos populares: entre 20 e 40 euros.

Neste complicado partido ante o Atlético de Madrid, os celestes poden facer historia e meterse en semifinais da Copa do Rei. A eliminatoria está aberta tras o empate rexistrado no Calderón.

También te puede interesar