Comarcas Música y Cine

‘Oro negro’, un filme que analiza a explotación tralo mercado do café

O Concello de Tui, a través da Biblioteca Municipal, promove o  ciclo de cine ambiental e solidario “Butaca Verde”, organizado polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), a través do seu Centro de Documentación Ambiental. Esta actividade continúa mañá martes 26 de xaneiro a partires das 19:30 horas coa proxección da seguinte película:

“Oro negro”; Mark Francis e Nick Francis (2006). As multinacionais do café dominan os centros comerciais e os supermercados, controlando unha industria que move máis de oitenta billóns de dólares anuais, convertíndose na mercadoría comercializada máis valiosa do mundo despois do petróleo. Pero o prezo real que se paga aos campesiños que cultivan o café é moi baixo. Un convite a un consumo responsable para os demais, para nós Duración: 78’

O éxito éxito do filme como arma política foi innegable, xa que recolle o eco mundial dunha realidade silenciosa. O socaire do seu estreno mundial, en 2006 o goberno etíope gañou unha demanda contra Starbucks pola que esixa á ompañía americana o pago polas denominacións de orixe dos cafés que utilizaba nas súas tendas. Tamén foron milleiros as chamadas que recibiu a compañía americana dos seus clientes, reclamándolles saber de onde procedían os cafés que consumían. A día de hoxe, a situación non ten mudado mito, e os intereses da agricultura dos países desenvolvidos aínda teñen grande peso, pero a influencia de Oro negro no cambio da percepción é irrefutable.

O Concello de Tui anima a todos os interesados a participar nesta actividade de divulgación ambiental e que tenta provocar na cidadanía a reflexión necesaria sobre o noso estilo de vida e a adopción de condutas diarias máis sostibles e responsables con nós e co planeta. Ademáis, “Butaca Verde” é unha actividade de carácter gratuíto e de acceso libre ata completar o aforo do local.

También te puede interesar