Destacados Vigo al minuto

Por uns cines Gran Vía máis accesibles

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) reúnese en dous días co xerente do cine Gran Vía de Vigo para tratar de facer destas instalacións un lugar accesible para todo o mundo. A Confederación será a encargada de facer un estudo sobre as instalacións e de, sobre os planos, tratar de eliminar as barreiras tanto de acceso aos cines como de estadía na sala, ademais de asesorar aos cines sobre a creación de prazas de aparcadoiro reservadas próximas á zona.

A través deste estudo vaise intentar eliminar todas as barreiras arquitectónicas que existen na actualidade nos cines Gran Vía de Vigo, que nestes intres impiden o acceso a persoas con movilidade reducida por mor dos obstáculos físicos do entorno.

COGAMI

A área de Accesibilidade de COGAMI inicia a súa actividade en xaneiro de 2004 como un servizo especializado na eliminación de barreiras arquitectónicas. Para o seu desenvolvemento, o servizo realiza unhas pautas como son a detección das barreiras mediante a visita ao inmoble, analiza os datos obtidos contrastándoos coa normativa vixente en materia de accesibilidade e, en terceiro lugar, realiza unha corrección do entorno mediante un informe e un plano a escala coas reformas a realizar.

En 2009 este servizo de accesibilidade atendeu a 232 consultas e, entre os proxectos desenvolvidos, destacan o Plan de accesibilidade dos portos para persoas con discapacidade; o proxecto de Accesibilidade do Concello de Vigo, cun control e informe de obras en edificios públicos; o Plan de Accesibilidade de Mondariz Balneario; ou o proxecto de reforma en materia de accesibilidade do Centro de Desenvolvemento Local de Mos.

También te puede interesar