RGPD - Cookies
Galicia

Case 3.000 persoas acudiron a Cogami en busca de axuda

Final do curso de fotografía de Cogami en Vigo.
Final do curso de fotografía de Cogami en Vigo.

O servizo de Información, Asesoramento e Orientación de COGAMI atendeu o ano pasado a 2.795 persoas en busca de información de de entidades públicas e privadas. Máis da metade das consultas procederon das provincias de A Coruña e Pontevedra, cun 36 e 26 por cento das consultas respectivamente, aínda que tamén se recibiron de Lugo (22 por cento), Ourense (15%) e de fóra de Galicia (1%).

A maioría das consultas estiveron relacionadas co emprego ou coas axudas económicas, con 507 e 520 usuarios, seguidos de preto por certificados de minusvalías (414), barreiras arquitectónicas (239), formación (207), dependencia (145) ou lecer (106). Pero tamén houbo consultas sobre axuda domiciliaria (11), voluntariado (12), centros especiais de emprego (18), educación (32), centros residenciais (57), autoemprego (60), asociacionismo (62), vivenda (74), axudas técnicas (90) e incluso sobre a propia COGAMI (91).

Cando os usuarios teñen dificultades para presentar a solicitude dos recursos aos que queren optar derívasen á orientadora, que lles axuda a cubrir solicitudes, a saber onde dirixilas… ou incluso se lle acompaña se o demanda e se estima necesario. O ano pasado deuse este servicio a 193 persoas.

Promoción da igualdade e integración

A área de Traballo Social da Confederación tamén se atenderon en 2009 a 92 mulleres e 9 familias en continua discriminación, a unha por vítima de violencia de xénero, a 14 en situación de risco social e se realizaron obradoiros de formación sobre violencia de xénero e igualdade de oportunidades nos que participaron 75 mulleres.

Na área de menores a intervención dirixiuse fundamentalmente cara a integración educativa obrigatoria e a defensa dos dereitos de autodeterminación, integración, normalización e formación inclusiva, dereito á cota de reserva de praza… Neste campo atenderon a 15 nenos con discapacidade con idades comprendidas entre os 2 e os 17 anos.

También te puede interesar