Galicia

O Centro de Atención de Emerxencias atendeu case 2 millóns de chamadas

061-1O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia recibiu na súa páxina web 1.128.594 consultas durante o ano 2009, das que o 52.5% foron feitas no ultimo trimestre do ano, e estiveron relacionadas na súa meirande parte en consultar o mapa de incidencias no tempo da Comunidade.

Así mesmo, xestionáronse 186.867 incidencias, o que supón un incremento dun 10,2% con respecto ao 2008. Pola contra, o número de chamadas recibidas ó 112 reduciuse por primeira vez, ata un numero de 1.811.605, (un 9,3% menos das recibidas no 2008),  o que significa unha maior concienciación da xente á hora de recorrer a este servizo, e polo tanto unha maior eficiencia e eficacia no mesmo.

Os meses de máis chamadas recibidas foron os de xaneiro (213.583), xullo (158.560), e agosto (173.682). De preto das case dous millóns de chamadas que se recibiron, o 75% procederon de teléfonos móbiles, mentres que o 24% procedían da rede de telefonía fixa. As bandas horarias onde máis chamadas se recibiron foron entre as 17.00 e as 21.00 horas.

O obxectivo do Centro de Atención de Emerxencias é non superar os 03.50 segundos de tempo de resposta, que se estima coma tempo necesario e axeitado para a resposta dunha chamada, dende que fai o primeiro toque ata que se contesta. Neste ultimo ano, o 112 conseguiu un  promedio de resposta de 02.98 segundos.

Tamén cabe resaltar que durante o ano 2009 enviáronse 9.403 faxes relacionados con fenómenos de meteoroloxía adversa aos distintos organismos encargados da prevención e da actuación cando se producen este tipo de previsións meteorolóxicas. Nesa liña, dende o 112 enviáronse máis de 50.000 mensaxes de texto a móbil dirixidos a responsables de organismos oficiais.

  • Estatísticas

Os meses de maior índice de incidencias foron agosto, con un 11% do total do ano, xaneiro e xullo con un 9,5% cada un, e  xuño con un 7,7%. En canto á distribución xeográfica das incidencias rexistradas, na provincia da Coruña rexistráronse 74.835 incidencias , o 40% do total da comunidade galega.

Na provincia de Lugo rexistráronse 21.309 incidencias, un 11,4% do total. Na provincia de Ourense rexistráronse 23.782 incidencias, un 13% do total da comunidade, mentres que a provincia de Pontevedra concentra un 35%.

Por concellos, e segundo o ratio de intervencións por cada 1.000 habitantes, na provincia da Coruña, no concello onde máis incidencias houbo foi en Miño, seguido por Bergondo, Malpica de Bergantiños e Arzúa. En Lugo, os concellos con máis índice de incidencias foron por orde, Sarria, O Vicedo, Chantada e Muras. Na provincia de Ourense destacan Ourense, A Gudiña, Ribadavia e Lobios, e finalmente na provincia de Pontevedra os concellos con maior numero de incidencias segundo ratio de habitantes son Lalín, Marín, Valga e Barro.

  • Mobilización de organismos

Durante o ano 2009, o Centro de Atención de Emerxencias levou a cabo 332.063 mobilizacións de medios, das cales un 20.6% (68.695) foi polos terminais remotos ega-web, sendo a Garda Civil de Tráfico de A Coruña a que máis incidencias asistiu de toda a comunidade con un total de 5.689; un 16.7% foi urxencias médicas-061; e un 13.4% por la asociación de Voluntarios de Protección Civil.

Mobilizáronse tamén medios de policía nacional, local e autonómica, salvamento marítimo, bombeiros, equipos de excarceración, Grumir, helicópteros de Protección Civil, helicópteros de rescate marítimo, información taxis, servizos de atención ó menor, servizos de mantemento e limpeza de estradas e distintas empresas.

También te puede interesar