Vigo al minuto

O 061 movilizouse en 436.000 ocasións o ano pasado

helicoptero061A Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 recibiu 996.178 chamadas durante o pasado ano. Esta cifra supón unha media de 2.940 chamadas que atende a Central de Coordinación diariamente. No ano 2009 o mes de maior actividade foi o de xaneiro, no que se chegaron a recibir 3.050 diarias.

A distribución mensual das chamadas recibidas amosa que durante o pasado ano os meses de maior actividade foron, ademais de xaneiro, agosto, outubro, novembro e decembro.

 

Meses

Chamadas

Xaneiro

94.574

Febreiro

72.193

Marzo

79.195

Abril

74.186

Maio

81.740

Xuño

80.612

Xullo

83.486

Agosto

91.566

Setembro

78.742

Outubro

85.784

Novembro

82.819

Decembro

91.281

Ano 2009

996.178

 No que se refire á resolución das chamadas recibidas en 2009, que xeraron 436.600 procesos asistenciais, o 42% resolvéronse sen que fose necesaria a mobilización de recursos sanitarios, posto que se trataba de consultas médicas telefónicas, asesoría a profesionais e posta en contacto entre o médico de atención primaria e o paciente. O 58% restante requiriu a mobilización de recursos sanitarios por parte dos profesionais médicos do 061 de Galicia.

Mobilización de Recursos

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 dispón na actualidade de nove ambulancias medicalizadas emprazadas entre A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol, ademais doutra en Sanxenxo en época estival. Tamén dispón de 101 ambulancias asistenciais pertencentes á Rede de Transporte Sanitario Urxente, que cobren todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, e que, en caso de necesidade, poden medicalizarse con profesionais de atención primaria. Xunto con isto, dous helicópteros medicalizados polo persoal do 061, emprazados en Santiago de Compostela e Ourense, así como cóntase, se é preciso, coa colaboración de dous helicópteros da Consellería do Mar.

A mobilización de recursos referida ao pasado ano reflicte que en 535 ocasións foi mobilizado un helicóptero medicalizado, en 14.840 unha ambulancia medicalizada, en 247.566 unha ambulancia asistencial, en 15.781 unha ambulancia convencional, en 35.620 ocasións o médico de atención primaria e, por último, en seis o helicóptero da Consellería do Mar.

Respecto á tipoloxía das emerxencias atendidas polos profesionais do 061 de Galicia durante o ano 2009, as causas máis comúns polas que se mobilizaron os recursos medicalizados (UVI móbiles e helicópteros), foron a alteración da consciencia, a dor torácica, os accidentes de tráfico e os problemas respiratorios e convulsións.

Demanda en %

Ambulancia Medicalizada

Helicóptero

 

Alteración da consciencia

30,1

12,8

Accidentes de

tráfico

8,0

34,4

Dor torácica

18,6

10,8

Problemas respiratorios

11,0

3,8

Convulsións

7,6

0,5

Outros*

24,7

37,7

 

*accidentes laborais ou en domicilio, politraumatismos, intoxicacións, alerxias, hemorraxias, etc.

 

También te puede interesar