Vigo al minuto

O Sergas defende ante o personal do CHUVI a xestión do novo hospital

infografía do cuarto hospital.
infografía do cuarto hospital.

A Xerencia do Complexo Hospitalario de Vigo estase a reunir co persoal deste centro para empezar a traballar no deseño e na organización do novo hospital desta cidade, tras a aprobación onte, no Consello da Xunta, do seu estudo de viabilidade.

Así, o xerente, Francisco Antonio Soriano Paredes, mantivo unha reunión coa Xunta de persoal na que lles transmitiu que o proceso de construción do futuro hospital. Segundo di o Sergas nunha nota de prensa  “o obxectivo destas xuntanzas é garantir que exista información accesible e transparente para todos os profesionais deste centro, que o Servizo Galego de Saúde considera pezas claves neste proxecto. Neste sentido, o xerente brindouse a petición dos profesionais a darlles información puntual sobre os distintos pasos que se vaian dando no proceso de ordenación e construción do futuro centro sanitario”.

Ademais, lembrou que nel, tanto a prestación e xestión dos servizos sanitarios serán totalmente públicos, e que contará cun total de 1.465 camas e será un hospital de primeira, de referencia, de alta tecnoloxía e de vangarda.

O xerente explicou que o modelo concesional que se vai empregar para a construción do novo hospital de Vigo consiste en que unha unión temporal de empresas adianta o investimento e constrúe a infraestrutura a cambio dun canon anual e da xestión dos servizos non sanitarios que, a día de hoxe, están xa externalizados. Este é o caso da limpeza, seguridade e vixilancia, centraliña, lavandería e lencería, restauración, mantemento, transporte interno e externo, subministro e xestión enerxética, central de abastecemento e tratamento de auga, reprografía e imprenta, conservación de vías e xardíns, locais comerciais, aparcamentos ou gardería.

Esta fórmula, segundo explicou él, permitiría ao Servizo Galego de Saúde mellorar o rendemento dos recursos público e crear arredor de 2.400 postos de traballo, ademais de reforzar o sistema sanitario con novos centros. Así mesmo, recordou que esta é a fórmula que se está a empregar en outros países e Comunidades Autónomas, xa que o sistema tradicional pode dilatar a construción dun hospital dez  ou quince anos.

A outra visión do cuarto hospital

También te puede interesar