Galicia

O Bono Iacobus para facer o Camiño ‘en plan VIP’ gaña o premio ao mellor produto en Fitur

O Bono permite facer o camiño durmindo cada día nunha casa de turismo rural.
O Bono permite facer o camiño durmindo cada día nunha casa de turismo rural.

O Bono Iacobus foi elixido en Fitur como o mellor produto turístico a nivel nacional. O premio o otorga a propia feira madrileña e a revista Aire Libre.

Este paquete aloxa aos peregrinos en casas de turismo rural. A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo e Turgalicia,  incorporou recentemente unha nova ruta do Camiño de Santiago ao programa Bono Iacobus: O Camiño do Norte, que xunto as rutas Fisterra-Muxía, Camiño do Sueste (Vía da Prata), Camiño Francés e Camiño Portugués, posibilita percorrer os tramos galegos da Ruta Xacobea pernoctando na rede de aloxamentos de Turismo Rural de Galicia.

O Bono Iacobus é  un servizo turístico deseñado especificamente para o Camiño de Santiago que permite percorrer por etapas as distintas vías históricas que conducen a Compotela, aloxándose cada día nunha casa de Turismo Rural diferente. O prezo do bono inclúe o aloxamento e as ceas. Tamén é posible contratar como servizos opcionais o picnic para o xantar do día, o traslado de equipaxe e o aloxamento en Santiago de Compostela.

Todas as casas de Turismo Rural que cooperan co Bono Iacobus ofrecen nos seus aloxamentos unha acollida familiar e unha gastronomía de calidade, e atópanse moi próximas aso puntos de chegada de cada etapa. O Bono Iacobus pode ser adquirido durante todo o ano, agás o mes de agosto e na Semana Santa.

Este servizo comercialízase a través dunha axencia de viaxes e pódese obter información sobre el na páxina web turgalicia no teléfono de atención de Turgalicia 902 200 432.

También te puede interesar