Galicia

Os afectados da PLISAN seguirán pechados no Concello de Salvaterra

VOTO_CONTINUIDADE_ENCERRONunha asamblea celebrada no ocupado Salón de Plenos de Salvaterra, no que levan 50 días o os afectados do Porto Seco decidiron, por unanimidade, continuar o peche, ate recibir a resolución do goberno no que anule o convenio aprobado polo bipartito, e fixe unha indemnización. 

 A Xunta Directiva informou aos afectados da nota de prensa emitida pola Consellería o pasado 14 de Xaneiro, na que anunciaba a imposibilidade de asinar o convenio “ por ser contrario a dereito , e a decisión unánime dos beneficiarios da expropiación, Zona Franca, Instituto Galego de Vivenda e Solo e Autoridade Portuaria de Vigo de esperar a decisión dos Tribunal Supremo sobre os dereitos mineiros reclamados.

O presidentesinalou que e radicalmente falso que a o Porto e Zona Franca “nin analizaran, nin autorizaran, nin aprobaran” o convenio, elevado a Consello de Goberno o pasado mes de marzo, e que recoñecía os pago aos veciños. Presentou diante da asemblea unha copia de unha acta de 19 de Decembro de 2008 , na que a totalidade dos beneficiarios coñeceron unha copia do convenio, e debateron sobre o seu contido.

Deu a coñecer un escrito dos Servizos Xuridica Xeral, de data, tres Febreiro de 2009, no que estes comunicaban ter participado na redacción do borrador do Convenio , e ter asistido , xunto cos beneficiarios,Porto e Zona Franca, nas reunións nas que se discutiron os extremos para chegar a un acordo extraxudicial.

Tal cúmulo de falsidades levou a propoñer á Asemblea, que aprobou por unanimidade, interpoñer querelas criminais contra os responsables de tanta mentira , sexan da cor política que sexa.

También te puede interesar