Cultura Vigo al minuto

O pobo de Vigo, protagonista do cartaz deste ano da Reconquista

Co título ‘Reconquista da Vila de Vigo’ e inspirado nunha famosa imaxe da II Guerra Mundial trasladada no tempo e no espazo para dar protagonismo ao pobo de Vigo. Este é o cartaz gañador do certame de cartaces da Reconquista do 2010, creado por Xosé Manuel Pena, que servirá como imaxe oficial da festa e serviulle ao artista para levar un cheque de 800 euros. Os dous áccesits (‘Rachado’, de David Rodríguez, e ‘Muller’, de Raúl Cardoso) conseguiron 400 euros.

Este ano, con 15 propostas, é a edición na que máis participantes se rexistraron. E o que tivo en conta o xurado á hora de elexir gañador foi a referenza á concesión hai 200 anos do título de cidade a Vigo por parte do rei Fernando VII e a presenza da bandeira viguesa, como símbolo de todos os vigueses e viguesas, plasmada nos tres cartaces elixidos.

También te puede interesar