Galicia

Reunión coa vista posta na mocidade

A Xunta celebra este luns a primeira reunión en catro anos da comisión intedepartamental de xuventude, un órgano no que estarán representadas todas as Consellerías, as secretarías xerais dependentes do presidente, a Fegamp e o Consello da Xuventude. Todo para ir traballando na elaboración do Plan Estratéxico de Xuventude 2010-2013, que se vai desenvolver nun momento crucial da economía mundial.

Esta comisión interdepartamental naceu en 1996 co espírito de acadar unha axeitada coordinación entre as diferentes accións e políticas que se executan desde a administración autonómica no eido da mocidade, xa que unha das características que mellor define unha política de xuventude moderna, eficaz e comprometida é a transversalidade das súas accións.

Entre as súas funcións desta comisión tamén están o estudo dos proxectos de disposicións normativas de carácter sectorial reguladoras de materias especificamente relacionadas coa mocidade; a promoción de accións por parte das administracións locais e asociacións; a análise e informe dos problemas da xuventude galega e a proposta, se é o caso, de medidas concretas; e o fomento das actuacións dirixidas á prestacións de servizos aos mozos e mozas na procura de mellorar a súa calidade de vida e a súa participación nos ámbitos social, laboral, político e cultural de Galicia, así como a cooperación e intercambio cultural no mundo xuvenil.

También te puede interesar