Vigo al minuto

Cada vez utilizamos máis o vehículo particular para movernos por Vigo

Para ir ao centro usamos más o coche privado.
Para ir ao centro usamos más o coche privado.

O uso do transporte privado no ámbito escolar ten unha progresión continua, un 36% no periodo 2003-2009, mentras que o uso dos vehículos públicos no mesmo apartado reflexa un descenso do 16,0%, segundo manifestou hoxe o Valedor do Cidadán, Luis Espada Recarey, durante a presentación do libro «La movilidad local», un amplo estudo cuxo obxectivo é cuantificar os indicadores europeos de sonstenibilidade en relación coa movilidade local e transporte de pasaxeiros e cos desprazamentos dos escolares entre a casa e a escola na cidade de VigoO libro indica que a maioría dos desprazamentos realizados en Vigo durante 2009, un 81,1% foron de xeito non diario e relacionados con ocio, cultura, compra e abastecementos. Pola contra no viaxes a traballos e centros de ensino, a xente prefire o transporte privado, un 54,9%, valor medio que sería dun 61,6% no caso de ir ao traballo e un 57,2% ao centro de ensino. Ir a pé ou en bicicleta, pola contra, é un máis habitual nos casos de compra diaria, ocio semanal e ocio de fin de semana.

O capítulo A-3 do estudo, sobre a movilidade local e transporte de pasaxeiros, en canto a resultados globais indica que en 2009 o transporte privado foi o máis utilizado en Vigo, un 61,65% para trasladarse ao traballo, fronte a un 20,03 que usa vehículos públicos, e un 18,3% que fai o traxecto a pé. Sen embargo, nos viaxes os centros de ensino, o transporte público ocupa un 57,24%, mentras que os vehículos públicos marcan un 28,8% e o percorrido andando só é dun 13,88%. O motivo da utilización do coche privado no caso dos escolares é que distancia que recorren no desprazamento e de seguridade.

Dentro da comparativa 2003-2009, hai que resaltar que baixan os desprazamentos diarios ao traballo un 39,69% , debido ao aumento da taxa de paro motivada pola crise económica desde 2008. Tamén caen un 40% os desprazamentos diarios aos colexios, un 40,26%, pola imprantación da xornada continua nos centros. Os viaxes diarios baixan tamén nos casos da compra diaria, asemesmo pola crise, e ocio semanal, polo mesmo que os anteriores. Soamente aumentan os desprazamentos por ocio de fin de semana, un 9,39%, pois mentras o ocio semanal decae, a poboación do municipio incrementa o dos fins de semana, aínda que este aumento non compense a disminución do ocio semanal.

Por zonas os desprazamentos diarios ao traballo desmarcase da tendencia global ao situarse nun 2,26, quizáis porque a poboción con xotranda partida é maior e non ten acceso ao comedor de empresa, excepto o porto de Vigo. N o centro de enseñanza e 1,81, 1,52 na compra e 1,63 no coio semanal. A media global é de 1,60 viaxes.

Distancias
No caso da distancia media por desprazamento, no ámbito do traballo, na zona rural supera casi 2 kilómetros ao resto das outras zonas, debido a que a súa superficie representa o 56% da totalidad do municipio. No ocio semanal os valores son crecentes desde a zona urbana á rural (2,82-4,15) en función da distancia das zons do centro do municipio. O centro é o que fai más ofertas dese destiño con museos, salas de exposiciòns e locais de hostelaria.

En canto a utilización do transporte público hai que suliñar as diferencias de 16 puntos entre zonas semiurbana e rural, pois as distancias son maiores nas primeira. Pola súa parte, o rural fai un maior uso do transporte público un 96,54%, fronte a un 40;07% da seminurbana. O estudo indica que as distancias entre os centros de ensino e zonas habitadas son moi amplas e a maioría dos centros dispoñen de transporte escolar.

Andar polo centro
O transporte non motorizado só é crecente a tendenza na zona centro de Vigo no caso do ocio semanal, entre o 45 e o 64%), mentras que no casos dos estudantes da zona rural non aplica polas grandes sitancias entre centros e lugar de procedencia dos alumnios. No caso da Universidade, hai que subraiar que o medio más utilizados polos estudantes é o vehículo particular.

A compartiva dos indicadores con outras cidades europeas é chamativa no caso da xente que utiliza o transporte non motorizados, así en Vigo é en 2009 dun 30,4%, fronté, por exmplo a 83% de Tempere, 82 de Blagoevgrad, 81 de Oslo, 73 de Pori, 70 de Zaragoza y 65 de Barcelona. Ciudades con porcentajes menores de caminantes o bicilceta son Modena (17%) y Gdansk (25%).

Os datos do estudio feito polo Valedor do Cidadán recordan que o tráfico e a movilidade son o núcleo duro da crisis medioambiental da cidade, pois se «supón que ao crecer en número e velocidade contribuese a satisfacer os desexos e necesidades da poboación e, sen embargo, o único que se fai é aumentar a congtaminaciòn, o ruido, o escesivo consumo de recursos e a ocupación extensiva do espazo». Luis Espada repetirá en 2011 o mesmo estudo que afonde na movilidade de cara a que se faga máis sostible e teña notable aplicación entre os habitantes de Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.