RGPD - Cookies
Galicia

O Ensino irá á folga o día 21 para protestar contra o decreto do galego

A última enquisa di que a maioría dos nenos galegos son analfabetos funcionáis en lingua galega.
A última enquisa di que a maioría dos nenos galegos son analfabetos funcionáis en lingua galega.

30 de decembro, o Goberno da Xunta de Galiza presentou o Decreto da lingua galega. Dende entón, este feito non pasou desapercibido e foi contestado o propio día cunha mobilización convocada pola Plataforma Queremos Galego! que marchou desde o Obradoiro até San Caetano, lugar onde finalmente se reuniu o Consello da Xunta ese día, xuntando a miles de persoas cun aviso de escasas 48 horas. E agora que se suman diferentes protestas de asociación de pais, do ensino… convocan un paro na escola  para o 21 de xaneiro.

«Alberto Núñez Feijóo sabe que esta norma galegófoba non conta co respaldo nin das familias nin do profesorado nin do estudantado. Por iso a presentou no medio das vacacións, na véspera de fin de ano, á última hora do serán e mudando in extremis tamén o lugar de reunión do Consello da Xunta, por vez primeira na lexislatura. Só lle faltou facelo de noite e no medio dunha fraga perdida (…) No caso do castelán e do galego, é obriga do Goberno garantir que os estudantes finalicen cada etapa educativa con competencias nas dúas linguas oficiais. No entanto, iso non se está a conseguir para o idioma propio, tal e como o corroboran estudos e informes realizados polo Consello Escolar de Galiza, o Instituto Nacional de Estatística, o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega», sinala Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

O certo é que o último censo de poboación e vivendas sinalaba que un 20% dos rapaces e rapazas entre 14 e 19 anos son analfabetos funcionais en galego

También te puede interesar