RGPD - Cookies
Comarcas

O Centro de Deportes Acuáticos de Chapela xa ten pai

Será Arealonga Arquitectura S.L.P. Esta é a empresa á que o concello de Redondela adxudicou a redacción do proxecto de construcción do Centro de Deportes Acuáticos de Chapela, que custará 116.000 euros. A proposta escollida contempla a construcción dun edificio de tres plantas de 3.761 metros cadrados no que na planta baixa ubicarase o Club de Remo, con 818 metros cadrados, e os accesos, cafetería e instalacións xerais con 835 m; na primeira planta estarán as oficinas, a piscina, os vestiarios e anexos e un spa de 305 metros cadrados; e na segunda planta instalarase un centro deportivo e de actividades.

O proxecto inclúe o uso de enerxías alternativas de baixo impacto ambiental coa combinación de captación de enerxía xeotérmica e augatérmica. O prezo total da obra, que se desenvolverá en dúas fases, a primeira das cales está previsto que comece no mes de abril, é de 5.605.000€.

A primeira destas fase, cun custe de algo mais de 3 millóns de euros procedentes do Plan E, inclúe a maior parte das plantas baixa e primeira e a segunda fase ocupa o extremo Oeste do edificio nas plantas baixa e primeira e a totalidade da segunda fase. Unha vez rematada a primeira fase farase unha impermeabilización provisional ao teito sobre os vestiarios e circulacións anexas para que esta zona poida entrar en servizo mentres se inicia a segunda fase.

También te puede interesar