Comarcas

Os afectados da PLISAN sinalan contradicións entre as declaracións dos políticos en relación coas súas indemnizacións

Piden a Corina Porro que ratifique as palabras do seu predecesor no cargo que indicaban que todo estaba arranxado xa para pagar ás indemnizacións aos propietarios dos terrenos nos que se asentará a PLataforma Loxística de Salvaterra as Neves. Así mesmo retifican que tras 46 días de encerro no Concello de Salvaterra, non o deixarán ate que se arranxe esta situación e cobren o que lles adebeda.

VISPORA_DE_REISAs declaracións de Jesús Paz, expresidente da Autoridade Portuaria de Vigo perante o mandato do goberno bipartito, aos “cobradores da Plisan” o pasado cinco de xaneiro en un Acto en Vilagarcía , afirmando ter deixado      “ todo arreglado e asinado para pagar “ entran en contradicción coa resposta dada pola Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestructura ao grupo parlamentario do BNG o pasado 29 de Setembro.

Segundo os afectados, naquela ocasión a consellería aseguraba que o bipartito tiña tramitado o Convenio para o pagamento do recurso mineiro aos afectados, sen ter consultado as partes nin na elaboración, nin na redacción , nin co consentimento das tres entidades beneficiarias, Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Zona Franca de Vigo e Autoridade Portuaria, e que non se tiña asinado “ dado o desacordo co contido do mesmo de Porto e Zona Franca” .

Os afectados sinalan que, tamén, entran en contradicción coas manifestacións do presidente da Deputación , Rafael Louzán, quen o pasado catro de xaneiro, en unha reunión cos afectados, que se tiñan presentado de sorpresa en un acto do organismo provincial, asegurou que nin a Autoridade Portuaria nin a Zona Franca de Vigo estaban de acordo en pagar o fixado no convenio . As declaracións de Jesus Paz están , sen embargo, en consonancia co manifestado pola ex-Conselleira de Vivenda e Solo, Tareixa Táboas , quen diante dos veciños e os medios públicos, asegurou que o convenio foi tramitado pola súa Consellería co consentimento das partes.
A falta de acordo de estas Institucións para facer fronte aos seus compromisos recollidos no convenio para o pagamento dos recursos mineiros , ten sido unha das razóns reiterada diante dos afectados polos responsables políticos do actual goberno, polos alcaldes de Salvaterra e as Neves ,e pola Deputada provincial do PP, Marta Valcarcel.
Intevención de Corina Porro
  

O encerro no salón de plenos de Salvaterra, que chega hoxe aos 46 días , acompañados da saídas dos “cobradores do smóking” aos actos dos responsables políticos , seguiran ate a solución do problema.
 
 

 

Vista a rotundidade do pronunciamento do anterior responsable da presidencia da Autoridade Portuaria , os afectados reclaman que a nova  presidenta, Corina Porro, ratifique o declarado por Jesus Paz. A devandita declaración sería do máximo interese para os asociados, xa que axudaría a coñecer tódolos extremos da tramitación do convenio que foi aprobado polo goberno bipartito no mes de marzo, e que recoñecía os dereitos a cobrar dos veciños, fixando a súa liquidación en un pago único .
Esixen una declaración rotunda da presidenta , que contribúa a acabar con esta cerimonia de confusión e tamén reclamarán  ao Conselleiro Agustín Hernández , unha copia do informe elaborado polos Servizos Xurídicos da Xunta o pasado 21 de decembro, segundo información feita pública polo IGVS.

También te puede interesar