Destacados

A Xunta decide activar a alerta laranxa en Lugo e Ourense onde agárdanse temperaturas de 10 graos baixo cero

FríoA Dirección Xeral de Emerxencias vén de emitir un aviso de alerta laranxa a partires desta medianoite nas provincias de Ourense e Lugo, debido ás baixas temperaturas, con mínimas que poderían chegar aos 10 graos baixo cero nas zonas de montaña do interior da comunidade, segundo o parte emitido pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

Tamén se agarda que ao longo da noite os termómetros poidan chegar aos -8 graos no interior de Lugo e na zona sur de Ourense, a catro graos negativos no noroeste desta provincia e na zona de Valdeorras, e a 1 grao baixo cero na Mariña lucense. Para as provincias da Coruña e Pontevedra a alerta será amarela, con temperaturas previstas de -4 graos no interior e -1 na costa.

Ante esta situación, a Dirección Xeral de Emerxencias recorda a importancia de establecer medidas de prevención e intentar evitar na medida do posible os desprazamentos por estrada, xa que as xeadas poden dificultar en gran medida a circulación. Se fose preciso efectuar desprazamentos en coche, recoméndanse extremar as precaucións e consultar o estado das estradas antes de emprender viaxe.

Ademais, no aviso enviado pola Dirección Xeral de Emerxencias tamén se recorda a posibilidade de acumulación de neve de ata 3 centímetros no interior da provincia de Pontevedra.

También te puede interesar