RGPD - Cookies
Cultura

O IV Coto Clásico sonará coma os anxos, hoxe na Igrexa Santa Mariña de Cabral

Dende as oito da tarde, na igrexa, afamada pola súa excepcional acústica, os amantes da música poderán alimentar o corpo e a alma coa interpretación de Schubert, Vivaldi, Haydn e Beethoven que fai o trío de corda ‘Tempo Primo’

ViolinistaHoxe  ás  8 da tarde na Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Cabral, a Asociación Cultural «O Coto» organiza o seu IV Coto Clásico  Nesta cuarta edición será o trío «Tempo Primo» o que deleitará aos asistentes cun magnífico concerto de música clásica. «Tempo Primo» está contituído por Fabio Salgado Hermida (violín), David López López (viola) e Javier Alonso Pérez (violoncello). Neste concerto tocarán obras de Schubert, Vivaldi, Haydn e Beethoven.
Despois do éxito musical e de público asistente das anteriores edicións; O Coto agarda a presencia de todos aqueles amantes da música clásica neste concerto a celebrar no marco incomparable da Igrexa Parroquial de Cabral afamada ademais pola súa acústica.
 

 

 

También te puede interesar