Cultura

Obradoiros para adultos no MARCO

 

_MG_9327A partir da segunda semana de xaneiro, o departamento educativo do MARCO de Vigo pon en marcha un programa específico de visitas e obradoiros para adultos, como actividade complementaria da exposición individual de Jorge Barbi nas salas da planta baixa.‘Palabras quebradas’, consiste nunha visita activa ás salas de exposición, seguida dun obradoiro no ‘Laboratorio das Artes’, o espazo de didáctica do 1º andar.

A atenta mirada do artista sobre o seu ámbito, a súa relación coa natureza que o rodea, e os seus xogos de percepción, teñen o seu reflexo nas actividades programadas para esta tempada. Esta proposta, que leva por título

Ao longo dos anos, Jorge Barbi percorreu case diariamente a mesma paisaxe, que coñece dende a súa infancia, e coa que mantén unha estreita relación emocional. A partir desta práctica sinxela e cotiá, extrae a meirande parte do repertorio de imaxes, obxectos e ideas que conforman o seu pensamento artístico. Durante a visita a salas, a intención é que sexan os propios participantes quenes constrúan o diálogo coa exposición, partindo das súas experiencias e coñecementos, e do que lles suxire o contacto directo coas obras.

 

‘Aquí dentro tampoco se desvela ningún enigma’ é o título dunha das instalacións, na que se invita ao espectador a participar da obra, observando, pensando e completando o que se ve, posto que todo está fronte aos nosos ollos. Ademais da expresión dunha constatación ou aceptación pragmática da realidade, a frase funciona tamén nun dobre sentido, non exento de ironía, ao situarse no contexto dun museo e unha sala de exposición, nun xogo de matices característico da experiencia vital de Jorge Barbi e da su práctica como creador.

 No obradoiro posterior á visita proponse un exercicio que consiste na creación dunha linguaxe nova, que pode non ser recoñecible nunha primeira lectura. A través de vinilo autoadhesivo os participantes formulan novas propostas, deconstruíndo a linguaxe, ‘quebrando’ as palabras, alterando a súa orde, ou creando outras novas.

También te puede interesar