Deportes Destacados

Esgotadas as entradas para a Supercopa de Fútbol Sala

Recepción dos participantes na Supercopa.
Recepción dos participantes na Supercopa.

O Concello de Vigo ofreceu hoxe unha recepción oficial aos equipos participantes na Supercopa, Inter Movistar, ElPozo Murcia, Xacobeo 2010 Lobelle e FC Barcelona, e aos representantes da Liga Nacional de Fútbol Sala. A Supercopa xógase en Vigo hoxe xoves e mañá venres, no pavillón das Travesas.

No acto, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou que xa se esgotaron os mil abonos para as dúas xornadas postos á venda esta semana, polo que se espera un gran ambiente. Santi Domínguez lembrou que a aposta de Tenencia e da Concellería de Deportes “amosou que estábamos acertados”, en referencia á expectación e a cobertura mediática que está teniendo Vigo estes días e que supón imaxe para a cidade.

“Estabamos acertados, Vigo é unha cidade con gran tradición de grandes eventos”, sinalou. Domínguez Olveira recoñeceu ante o presidente da Liga, Javier Lozano, que “o noso favorito é o equipo galego”, aínda que desexou sorte a todos e felicitou ao departamento de Deportes do Concello e ao Coruxo FC, “o noso equipo máis representativo en fútbol sala”, polo traballo organizativo.

O concelleiro de Deportes, pola súa banda, deu a benvida “á familia do fútbol sala” e sinalou que “Vigo acolle un espectáculo extraordinario”. Javier Lozano, presidente da LNFS”, recoñeceu que este evento, da que el proclama “nova Liga, ten unha posta en escena acorde co que queremos”, e pediu que agora “sexan os clubs valentes. Queremos unha Liga con moito atrevemento”, concluíu. O acto rematou cunha entrega de agasallos e a tradicional foto de familia xunto á fermosa copa en xogo nesta vigésima edición da Supercopa Vigo 2010.

También te puede interesar