Galicia

Expertos en Dereito analizan na Academia de Seguridade os actos de piratería en Somalia

AtalantaExpertos en dereito de toda España analizan,dende a semán que ven, na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) a persecución dos actos de piratería nas costas somalís. O obxectivo destas xornadas é avanzar nesta problemática que mantén en vilo á opinión pública, xuristas e administracións públicas, como ten ocorrido recentemente no caso do secuestro do buque “Alakrana”, no que permaneceron recluídos oito mariñeiros galegos durante 48 días.
O 10 de novembro de 2008, o Consello da Unión Europea adoptou unha Acción Común, relativa á Operación Militar da UE destinada a contribuír na disuasión, prevención e represión dos actos de pirataría e do roubo a man armada nas costas de Somalia; era a denominada Operación Atalanta.
 

 Esta acción común establece que as persoas sospeitosas de cometer actos de pirataría en augas territoriais de Somalia que haxan sido capturadas e detidas para practicarlle dilixencias xudiciais, poderán ser entregadas a un terceiro Estado que desexe exercer a súa xurisdición sobre os detidos; sempre que as condicións da entrega sexan acordadas con este e conformes ao Dereito Internacional aplicable, garantindo que ninguén sexa sometido á pena de morte, tortura, nin ningún acto cruel ou degradante. 

Destinatarios e matrícula
Os destinatarios destas xornadas son alumnos das facultades de Dereito, Periodismo, Ciencias Políticas, Relacións Laborais, etc.; asociacións e empresas de seguridade privada; persoal das Forzas e Corpos de Seguridade e outros colectivos interesados na materia. Para animar ao maior número de participantes, a AGASP porá a disposición dos alumnos da Universidade de Santiago de Compostela un servizo gratuíto de autobús e a posibilidade dun servizo similar nos campus de Vigo e Coruña, sempre que o número de inscritos sexa suficiente. Ademais, a Academia ofrecerá un servizo de comedor a 3 € para todos os matriculados.
 O alumnado das facultades interesado en asistir ás xornadas deben matricularse a través da páxina web  www.iustitiaomnibus.org, mentres que o resto do persoal farao a través da web da AGASP,  http://agasp.xunta.es
 
 

También te puede interesar