Comarcas

Os afectados da PLISAN fan a travesía ate Vilagarcía para estar na saída de David Meca

100_2650Nova aparición dos “cobradores do smoking” da Plisan en Vilagarcía con motivo dun acto, do Xacobeo 2010 onde partía o nadador David Meca a facer unha travesía a nado ata Pontecesures. Ao acto tamén asistiron varias personalidades políticas entre elas Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra e o ex presidente da Autoridade Portuaria de Vigo Jesús Paz entre outras.

 Os Afectados pola expropiación da Plisan aseguran que o ex presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Paz, ao remate do acto e a pregunta do presidente da Asociación de Afectados, Alejandro Rodríguez, afirmou onte en Vilagarcía que el e o seu equipo deixaron todo firmado para o pagamento dos afectados polo Porto Seco. Non se entende como o actual goberno da Xunta que ten ao frente da Autoridade Portuaria de Vigo a Corina Porro, non queira facer fronte ao cumprimento dese convenio.

Segundo os afectados “parece claro que no luns o señor Louzán saliuse por peteneras cando afirmou que o goberno anterior do bipartido levara ao consello da Xunta sen o visto bo da APV”.

A vista dos feitos os afectados aseguran que parece claro que non hai vontade de cumplir dito convenio por parte do actual goberno da Xunta, excusandose sempre diante dos afectados dicindo que faltan informes ou que son as outras promotoras as que non queren pagar.

 Os Afectados da Plisan tamén denuncian que a súa chegada ao Porto de Vilagarcía, un policía portuario quíxolles prohibir a entrada aos “cobradores do Smoking” dicindo que non iban adecuadamente vestidos para un acto que se ía celebrar, sendo este un acto público e onde había xa unha cantidade importante de xente.

 Tras cumplir xa 44 días de encerro no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra, os afectados non van parar ata que se cumpra o Convenio ou se procede, a súa anulación, polo que seguirán os actos de protesta e os “Cobradores do Smoking” asistirán a todos os eventos dos cargos da Xunta, “o que vén a decir que nos atoparán ata na sopa”.

Os afectados esperan que despois das datas de nadal, os gobernates da Xunta de Galicia, cando regresen das súas vacacións se pronuncien en un sentido ou en outro e poñan fin a este encerro.

También te puede interesar