RGPD - Cookies
Galicia

David Meca realizará hoy a nado, durante 6 horas y en aguas a menos de 9 grados, la travesía que hizo el cuerpo del Apostol

David Meca en uno de sus retos.
David Meca en uno de sus retos.

David Meca, campeón del mundo de natación de larga distancia, utilizará un traje especial para hacer su particular camino jacobeo a nado. La particularidad es que está diseñado para soportar temperaturas muy bajas ya que el agua del río Ulla puede estar a 5º.

Las capas de neopreno son de diferente grosor y tiene escamas en la zona de los antebrazos para ganar adherencia, además, usará unos guantes especiales para conservar la sensibilidad en las manos.

Meca tiene claro que el frío será su principal enemigo, como le sucedió en la travesía entre la Península y Baleares  o en la «fuga de Alcatraz» en la bahía de San Francisco, mientras que el canal de la Mancha lo cruzó en verano. Sin embargo, ninguna de esas veces el agua estaba tan fría. Su otro enemigo será la corriente, incrementada tras las intensas lluvias de los últimos días.

David Meca, convertirase hoxe  no primeiro peregrino en realizar o Camiño de Santiago a Nado. Coma explicou na rolda de prensa de presentación deste desafío, acompañado polo director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás, e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, será unha travesía de grande espectacularidade e enorme simbolismo, xa que permitirá rememorar a Ruta Marítimo-Fluvial do Camiño de Santiago, percorrendo parte da Ría de Arousa e remontando o Río Ulla.

Vilagarcía de Arousa será o punto de partida desta emblemática fazaña dende onde percorrerá a Ría de Arousa, pasando por diversas poboacións de interese histórico-cultural e paraxes de gran beleza natural. Percorrendo o final da Ría e seguindo o Vía Crucis Marítimo Xacobeo, pasará polas Torres do Oeste en Catoira, para remontar o Río Ulla ata Pontecesures onde se marcará o final do reto. Mañá, como un peregrino de excepción, David Meca visitará a Catedral de Santiago de Compostela seguindo as tradicións orais e os textos medievais.

O novo desafío de Meca destaca polas súas duras condicións dominadas polas baixas temperaturas que rexistran as augas nesta época do ano (de entre 8 e 12 graos), as fortes correntes na zona, especialmente a corrente en contra ao remontar o río, así como a ondada e o vento que poderían complicar o desafío.

Esta simbólica travesía conmemora a chegada a Galicia do corpo do Apóstolo Santiago o Maior, tras o seu martirio en Xerusalén, no ano 44. Os restos do Apóstolo entraron en Galicia pola Ría de Arousa e remontaron o Río Ulla. O texto máis coñecido que narra a «Traslatio» do corpo apostólico dende Jaffa a Iria e dende alí ao seu lugar de enterramento, en Compostela.

  • Experto en grandes travesías

David Meca é un grande experto en grandes travesías a nado. Uniu Gomera e Tenerife, posteriormente Tenerife e Gran Canaria. No ano 2006 uniu o territorio peninsular coas Illas Baleares, dende Javea a Eivissa. Ademais, é o único nadador na historia que por dúas veces consecutivas baixou de oito horas na Travesía a nado máis antiga do mundo, Canle da Mancha, sendo as súas marcas a segunda e terceira mellores de todos os tempos.

No seu último desafío, en xullo de 2008, conseguiu un Dobre Record del Mundo durante a mesma Travesía ao converterse no primeiro home en cruzar por tres veces consecutivas o Estreito de Xibraltar e bater a marca no cruzamento de ida e volta en tan só 7 horas e 18 minutos.

También te puede interesar