Destacados Vigo al minuto

A Rede Social Galicia Sur pediralle aos Reis Magos o Centro de Inclusión Social nun acto en Príncipe

A Rede Social Galicia Sur, “dada a irresponsabilidade dos poderes públicos no incumprimento da promesa de apertura do Centro de Inclusión Social no ano 2009“, invita á cidadanía viguesa a trasladar a súa petición aos Reis Magos. Así, convocan un novo acto de sensibilización e denuncia “ante o reiterado incumprimento na posta en marcha docentro en Vigo”.

“Visto que os nosos políticos municipais e autonómicos non foron quen de dar unha resposta axeitada á dramática situación que en Vigo está a vivir o colectivo de persoas sen fogar, cando nunca esta cidade estivo tan preto de acadar o necesario e urxentemente reclamado Centro de Inclusión Social”, a Rede Social Galicia Sur convoca á cidadanía viguesa a concentrarse o día 5 de xaneiro ás 11:00 horas na rúa Príncipe, diante do Marco.

Acompañados por un Rei Mago, lerán a súa carta e colocarán o maior o maior número de pares de zapatos posibles para pedirlles que este ano o traian. Tamén lles ofrecerán aos asistentes a posibilidade de doar o seu calzado para repartir entre as persoas que os poidan necesitar.

También te puede interesar