Destacados Vigo al minuto

A Rede Social Galicia Sur pediralle aos Reis Magos o Centro de Inclusión Social nun acto en Príncipe

A Rede Social Galicia Sur, «dada a irresponsabilidade dos poderes públicos no incumprimento da promesa de apertura do Centro de Inclusión Social no ano 2009«, invita á cidadanía viguesa a trasladar a súa petición aos Reis Magos. Así, convocan un novo acto de sensibilización e denuncia «ante o reiterado incumprimento na posta en marcha docentro en Vigo».

«Visto que os nosos políticos municipais e autonómicos non foron quen de dar unha resposta axeitada á dramática situación que en Vigo está a vivir o colectivo de persoas sen fogar, cando nunca esta cidade estivo tan preto de acadar o necesario e urxentemente reclamado Centro de Inclusión Social», a Rede Social Galicia Sur convoca á cidadanía viguesa a concentrarse o día 5 de xaneiro ás 11:00 horas na rúa Príncipe, diante do Marco.

Acompañados por un Rei Mago, lerán a súa carta e colocarán o maior o maior número de pares de zapatos posibles para pedirlles que este ano o traian. Tamén lles ofrecerán aos asistentes a posibilidade de doar o seu calzado para repartir entre as persoas que os poidan necesitar.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.