Vigo al minuto

O Sergas arranxou os dentes de máis de 16.000 nenos vigueses

O doenza máis frecuente é a carie.
O doenza máis frecuente é a carie.

As Unidades de Saúde Bucodental emprazadas nos centros de saúde de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde, realizaron, dende comezos de ano e ata o 1 de decembro, un total de 48.369 selados de fisuras en dentición permanente. Ademais, as Unidades de Saúde Bucodental tamén realizaron, nestes once meses, un total de 7.070 tartrectomías (limpezas con ultrasón) e 13.061 obturacións das caries.

Por áreas sanitarias, a distribución destas actuacións é a seguinte:

A Coruña    Santiago    Ferrol    Lugo    Ourense    Pontevedra    Vigo
Selados 10.661         4.188    4.785    6.560    3.822    5.758    12.595
Tartrectomías 1.740    457          665    576               458    1.181    1.993
Obturacións 2.656        1.354    974       1.831    1.739       1.657    2.850

Prestación gratuíta e accesibilidade
A saúde bucodental é un aspecto importante da saúde e do benestar xeral da sociedade. A consecución dun estado de saúde bucodental adecuado da poboación depende, en gran medida, das estratexias adoptadas pola Administración sanitaria.

Existen estudos dirixidos ao coñecemento do estado de saúde bucodental que poñen de manifesto a existencia dunha melloría cando se establecen medidas preventivas idóneas, mentres que o estado de saúde bucodental empeora cando non se lle dá suficiente importancia á prevención

Así, o programa de saúde bucodental en atención primaria ten como finalidade revisar, actualizar e unificar a atención que se presta nas unidades de odontoloxía e saúde bucodental deste nivel asistencial, co obxectivo de homoxeneizar a oferta de servizos e garantir a súa prestación de acordo con criterios de calidade e de máximo rendemento.

Convén destacar que as doenzas bucodentais máis frecuentes son a carie dental e a enfermidade periodontal. Ámbalas dúas son susceptibles de prevención coas medidas dispoñibles na actualidade. Ademais, estas enfermidades son máis facilmente tratables nos seus estadios iniciais.

Por último sinalar que o Plan de Saúde Bucodental conta, actualmente, con unidades emprazadas nos centros de saúde de todas as xerencias de Atención Primaria do  Sergas, para facilitar a accesibilidade a este servizo a todos os usuarios.

No momento actual, as prestacións existentes en Galicia están dirixidas á poboación infantil de 6 a 14 anos, a xestantes e adultos en grupo de risco.

También te puede interesar