Vigo al día

A Plataforma pola Defensa da Ría denuncia as obras do recheo do Areal

A ampliación do porto vigués gañándolle 49.000 metros cadrados ao mar polo sistema de aterramento directo suporá un verquido á ría de 200.000 metros cúbicos de materiais procedentes das obras de construcción do túnel do AVE e outros desmontes periféricos sen ningún tratamento previo de lavado ou descontaminación, o que provocará unha acumulación de lodos no fondo mariño cun perímetro imposible de determinar a pesar das barreiras flotantes.

Este é un dos aspectos que a Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo, “CÍES”, denunciou hoxe ante a Fiscalía e Seprona para pedir que se paralicen os verquidos sen tratamento nin dragado previo e que a Autoridade Portuaria presente o Plan de Usos Portuarios, un documento imprescindible sobre o que sustentar unha nova de aterramento para a ocupación de lámina de auga.

A Plataforma reclama ademais un maior control sobre as normativas en defensa do medio ambiente para evitar efectos irreversibles e que se faga unha avaliación ecotoxicolóxica dos efectos dos sedimentos na zona e unha avaliación sobre a potenciación de mareas vermellas como consecuencia do aporte de abundante materia orgánica, da diminución da salinidade ou das temperaturas de augas elevadas, por exemplo.

También te puede interesar