Vigo al día

O novo hospital de Vigo hipotecará a sanidade dos próximos 30 anos

O novo hospital saldrá tan caro en tempo coma comprar un piso. Para a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública a privatización da súa financiación suporá hipotecar a sanidade da área metropolitana durante polo menos 30 anos, que será o tempo que se dará en concesión a redacción do proceso constructivo, a construcción, a equipación, a explotación e o mantemento do centro. A plataforma denuncia que o documento aprobado o pasado 23 de decembro contempla a xestión privada pero sen concretar hasta que nivel chegará a concesión nin o custo da licitación, que non se completará ata febreiro.

Outro dos aspectos máis sangrantes para esta plataforma é a reducción de 387 camas que sufrirá o Chuvi trala reforma do planteamento realizado pola Xunta do Bipartito e que coinciden coas 386 camas que ten asignadas Povisa a través do Sergas e que manterá. Ademais, o proxecto arquitectónico se rebaixa en 28.000 metros cadrados e que a inversión descenderá entre 300 e 500 millóns.

Unha fórmula de financiación entre seis e sete veces máis cara que a financiación pública que non mellora a eficiencia e que xa deu problemas en lugares como Alzira, en Valencia, onde o hospital xestionado por Adeslas deu pérdidas de 70 millóns de euros que tiveron que ser saneadas pola Generalitat valenciana e que comprometeron o 40 por cento do presuposto para inversión sanitaria. E, como amosa os 20 anos de experiencia deste sistema no Reino Unido, podería supor a destrucción de 1.500 postos de traballo.

Os métodos seguidos en Asturias, en Austria ou polo anterior Goberno galego, que recurren a unha empresa pública, son a mellor alternativa para a Plataforma.


También te puede interesar