Agenda Cultura

Sube ao Ifevi a xogar… ou a ser solidario

Diversión e solidaridade camiñan da man na sétima edición de Vigolandia, que se celebra do 26 ao 30 de decembro no Ifevi. Nesta ocasión, e tendo en conta os tempos de crise nos que vivimos, esta actividade resaltará o seu carácter social coa incorporación por primeira vez dun punto de recollida de xoguetes que logo se entregarán a distintas entidades benéficas da cidade.

Unha medida que se suma á doación da recadación a tres asociacións da entrada, que xa ten un prezo simbólico de 2 euros para os menores de 14 anos e de 3 euros para os adultos e no que se inclúe o acceso aos espectáculos que se celebrarán no salón de actos. O ano pasado máis de 20.000 persoas pasaron polas instalacións de Vigolandia, unha cifra que espera verse superada este ano.

Mantendo as actividades clásicas, Vigolandia preséntanosla dende a óptica das novas tecnoloxías, con actividades como contacontos dixital, deixando a porta aberta á creatividade dos máis pequenos. Ademais, 1.300 nenos de colexios da cidade participaron cos seus debuxos no Concurso de Pintura de Vigolandia.

Este festival o ocio e do lecer ofrece actividades para nenos a partir dos 0 anos. Unha das actividades estrela será a piscina con esfera, na que poden participar cativos de máis de 7 anos, ademais dos espectáculos teatrais para nenos que se representarán todas as tardes ás 18 horas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.