El Lector

A Federación Veciñal denuncia que está a ser discriminada polo Concello e pide unha entrevista co alcalde

favecO venres día 18 de decembro, a Federación Veciñal “Eduardo Chao” presentou de urxencia unha moción aos tres grupos políticos con representación no pleno municipal. A moción, que se debatiu na Xunta de Goberno Local do luns, día 21, na que se esgrimían os numerosos motivos polos que resulta imprescindible que a cidade siga contando cunha entidade capaz de aglutinar a participación cidadá.

Na súa moción a Federación Veciñal “Eduardo Chao” salientaba a súa cualificación como “entidade de utilidade municipal” por acordo do Pleno do concello de data 27 de novembro do ano 2000 e a necesidade de que exista un referente que aglutina a 35 asociacións veciñais da cidade e solicitaba:

1. Instar a que o Alcalde de Vigo reciba á Federación Veciñal “Eduardo Chao” no prazo dun mes para abordar os temas relativos a democracia participativa, así como

2. Abonar a partida nominal a favor da Federación Veciñal “Eduardo Chao” recollida nos orzamentos do Concello de Vigo de 2008 baixo o epígrafe 46314890002 por importe de 54.091 euros.

3. Introducir esta partida por importe de 54.091 euros -eliminada nos orzamentos de 2009- nos orzamentos de 2010 que están en proceso de elaboración.

Discriminación

A Federación segue sen percibir as asignacións correspondestes ao convenio de 2008 e quedou excluída directamente dos orzamentos do ano 2009. Os argumentos da Concellaría de Participación Cidadá foron que xa non se asinan convenios senón que únicamente se otorgan subvencións, cando temos constancia de que outras moitas entidades como Peñas el Olivo, Centros Culturais ou os sindicatos sí están a recibir cartos de convenios que aparecen recollidos nos orzamentos para o ano 2009.

Por iso esta Federación denuncia o agravio e discriminación incomprensibles e sen precedentes na historia e traxectoria democráticas desta cidade. Representa todo a proba máis clara do acoso ao que está sendo sometido a FAVEC por esta Concellaría que en lugar de fomentar a participación cidadá e promover a vertebración e coordinación asociativa a través do impulso das federacións, exerce unha política de control e discriminación abusivas que non se corresponden coas expectativas que o movemento asociativo da cidade ten depositadas no Concello.

También te puede interesar