Galicia

O programa ‘Hora de ler’ levará lotes de libros aos nenos que están internados nos hospitais de Galicia

Niños leyendoUn lote de libros  co mellor da literatura infantil e xuvenil actual. Eso é o que recibirán os 250 nenos que terán que estar ingresados no hospitáis galegos este Nadal. A Consellería de Educación apoiará así o programa ‘Hora de ler’ que se desenrola durante todo o ano en varios centros de toda Galicia. Os médicos entenden que a lectura ten un importante valor terapéutico e contribúe a facer máis grata esta época para os rapaces, que atoparán nos libros unha forma de entreterse.
 
Moitas bibliotecas escolares galegas editan estes días guías de lectura con recomendacións de libros, películas ou discos, para pequenos e maiores, co fin de difundir o hábito lector e orientar ás familias na adquisición de materiais de calidade, facilitando así a súa participación na formación dos lectores e lectoras. As bibliotecas escolares difunden a través dos seus blogues estas guías, que tamén poden consultarse na páxina web de Bibliotecas Escolares de Galicia, http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog.
As mochilas viaxan polos fogares galegos
 O reparto de mochilas é unha iniciativa que se desenvolve tamén habitualmente desde os centros, co programa ‘Mochilas Viaxeiras’ pensado para que, desde a biblioteca escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e proporcionar un motivo de encontro entre os membros desta, utilizando a lectura como medio.   

Os rapaces e rapazas levan ás súas casas, en préstamo temporal e de forma rotatoria,un pequeno lote de libros e outros soportes, adaptados ao seu nivel de idade e aos intereses do alumno e das súas familias. A carteira pode conter materiais diversos, pensando nos distintos membros da familia: contos, cómics, libros de receitas, de xardinería, de saúde ou educación, ou revistas sobre deportes. Ademais,inclúen unha película ou un documental divulgativo, un CD de música, ou un xogo de ordenador de carácter didáctico.

 

 

También te puede interesar