RGPD - Cookies
Galicia

Galicia empezará a formar aos primeiros ciberescolares este mesmo ano

O presidente Feijóo quere que ao término desta lexislatura haxa 90.000 alumnos galegos aprendendo nun portatil e casi 2.000 centro esccolares completamente informatizados

ordenadoresCase 90.000 alumnos con portatil. Este é un dos obxectivos do proxecto Abalar, que quere poñer en  marcha a Xunta nesta lexislatura. Segundo o presidente Feijóo, trátase de integrar plenamente as novas tecnoloxías na práctica educativa cotiá conquerindo 4.400 aulas informatizadas e chegando aos 1.085 centros informatizados con capacidades de ordenadores, con taboleiros dixitais e, «por suposto, con ordenadores portátiles para os profesores e para os alumnos”, explicou.

 Feijóo subliña que Abalar é un proxecto “ambicioso” pero “necesario para non perder o tren en Galicia do que se refire a portátiles, taboleiros dixitais, informatización e facilitación aos alumnos e profesores” das novas tecnoloxías.

 Núñez Feijóo indicou, a este respecto, que o Goberno galego autorizou, na súa reunión de onte un convenio de colaboración entre o Ministerio de Educación e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por importe de 8 millóns de euros para a aplicación da iniciativa Escuela 2.0. Unha dotación orzamentaria para o curso 2009-2010 coa que, segundo o presidente galego, “dotaremos de ordenadores a 14.000 alumnos e de ordenadores portátiles a 2.500 profesores. É dicir, imos informatizar tanto as capacidades docentes dos profesores coma as capacidades dos alumnos e iso beneficiará a máis de 700 aulas no curso 2009-2010”, incidiu.

También te puede interesar