Os delegados da Central Intersindical Galega (CIG) no Concello de Ponteareas non asistirán este venres 18 de decembro ás convocatorias deste concello para unhas xuntanzas onde se tratará o Borrador da Relación de Postos de Traballo (RPT) e a consolidación de varios postos de traballo, en protesta pola presión abafante e persecución sindical.A mesma afecta esta a ser padecida polo máximo representante da CIG no concello e o Presidente do Comité de Empresa, polo desenvolvemento das súas funcións sindicais e a defensa da xustiza social, o que afectará aos posibles acordos que se poidan realizar, xa que se non existe consenso coa CIG, malamente poderá chegarse a algún acordo e, evidentemente, nestas condicións non sentarán en ningunha mesa cos responsables destes actos.
Desde a CIG, tamén lamentan a falta de apoio dos outros sindicatos representados no concello
