Destacados Sin sección

Os xornalistas de axencia Efe farán paros de dúas horas mañá

A axencia Efe é unha empresa pública.
A axencia Efe é unha empresa pública.

Os traballadores de Axéncia EFE non confían na dirección da empresa para buscar solucións aos problemas creados pola situación económica e aos que xera “a actitude irresponsable da propia dirección”, suliña o Sindicato de Xornalistas de Galicia. Están fartos de imposicións durante meses en asuntos cruciais como status dos correspondentes, reorganización de delegacións, introdución do xornalismo multimedia e convenio colectivo.

Supresión de acordos do convenio

Agora afróntase un plan de axuste económico en circunstancias similares. A confianza dos traballadores só pode ser recobrada se a dirección demostra capacidade negociadora, vontade de chegar a acordos e propostas que impliquen a toda a empresa, incluídos, e para empezar, directivos e cargos de confianza.

Non é o camiño que está seguindo a dirección de Axéncia Efe. Propor a conxelación salarial a todo o persoal durante catro anos (2009-2012) e a supresión da paga de febreiro (consolidada en convenio) e manter o abono da retribución por incentivos ao centenar de directivos e cargos de confianza “é, máis que unha tomadura de pelo, un abuso intolerable. Multiplicado por catro nunha empresa pública”.

Paros de dúas horas por quenda

Según o Sindicato de Xornalistas, a dirección de Axéncia Efe debe rectificar radical e urxentemente o seu plan de axuste. É o que pretenden os representantes dos traballadores coa convocatoria de paros de dúas horas por quenda mañá 16 de decembro. A xunta executiva federal da Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG), apoia esta acción e fai un chamamento para que sexa secundada.

“É indigno do sistema democrático que a saída da crise fágase exclusivamente cos sacrificios dos traballadores e ameazando con despedimentos se non se acepta esta imposición. Pero a actitude do presidente da axencia, Alex Grijelmo, ten tamén responsables superiores na administración pública e no Goberno que, co seu silencio, están deixando facer as cousas desta forma impresentable, ou ilegal, como están demostrando reiteradas sentenzas dos tribunais no caso dos colaboradores-correspondentes”.

También te puede interesar