Destacados Sin sección

Os xornalistas de axencia Efe farán paros de dúas horas mañá

A axencia Efe é unha empresa pública.
A axencia Efe é unha empresa pública.

Os traballadores de Axéncia EFE non confían na dirección da empresa para buscar solucións aos problemas creados pola situación económica e aos que xera «a actitude irresponsable da propia dirección», suliña o Sindicato de Xornalistas de Galicia. Están fartos de imposicións durante meses en asuntos cruciais como status dos correspondentes, reorganización de delegacións, introdución do xornalismo multimedia e convenio colectivo.

Supresión de acordos do convenio

Agora afróntase un plan de axuste económico en circunstancias similares. A confianza dos traballadores só pode ser recobrada se a dirección demostra capacidade negociadora, vontade de chegar a acordos e propostas que impliquen a toda a empresa, incluídos, e para empezar, directivos e cargos de confianza.

Non é o camiño que está seguindo a dirección de Axéncia Efe. Propor a conxelación salarial a todo o persoal durante catro anos (2009-2012) e a supresión da paga de febreiro (consolidada en convenio) e manter o abono da retribución por incentivos ao centenar de directivos e cargos de confianza «é, máis que unha tomadura de pelo, un abuso intolerable. Multiplicado por catro nunha empresa pública».

Paros de dúas horas por quenda

Según o Sindicato de Xornalistas, a dirección de Axéncia Efe debe rectificar radical e urxentemente o seu plan de axuste. É o que pretenden os representantes dos traballadores coa convocatoria de paros de dúas horas por quenda mañá 16 de decembro. A xunta executiva federal da Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG), apoia esta acción e fai un chamamento para que sexa secundada.

«É indigno do sistema democrático que a saída da crise fágase exclusivamente cos sacrificios dos traballadores e ameazando con despedimentos se non se acepta esta imposición. Pero a actitude do presidente da axencia, Alex Grijelmo, ten tamén responsables superiores na administración pública e no Goberno que, co seu silencio, están deixando facer as cousas desta forma impresentable, ou ilegal, como están demostrando reiteradas sentenzas dos tribunais no caso dos colaboradores-correspondentes».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.