Destacados

O movemento veciñal denunciará nunha concentración o maltrato que recibe en Vigo

favecA Federación e Asociacións Veciñais levarán a cabo unha concentración diante do local da rúa Ecuador este mércores16 de decembro ás 10.30 horas para denunciar publicamente “o desprezo que está a sufrir a democracia participativa e o movemento veciñal na cidade de Vigo”.

Durante a concentración darase lectura dun manifesto de denuncia de “todas as aldraxes que están a sufrir o modelo de participación e o movemento veciñal”, as reivindicacións para recuperar o trato digno e as primeiras actuacións que Federación e Asociacións Veciñais da cidade desenvolverán de forma conxunta para que “se recupere a democracia participativa e se respecte o traballo do movemento veciñal”.

A continuación os representantes da FAVEC e Asociacións Veciñais desprazaranse ás sedes que as diferentes forzas políticas teñen no Concello de Vigo para achegar persoalmente as súas denuncias e reivindicacións.

 

 

También te puede interesar