Galicia

O BNG concéntrase en Santiago para pedir unha Aminetu ‘nun Sáhara libre’

Aminetu Haidar prosigue a súa folga de fame.
Aminetu Haidar prosigue a súa folga de fame.

O Bloque Nacionalista Galego vai celebrar este domingo en Santiago de Compostela (12.00 horas) unha concentración pública en apoio de Aminetou Haidar baixo o lema “Queremos a Aminetu nun Sáhara Libre”, un acto que terá como cenario a Praza do Toural e no que intervirá o portavoz nacional, Guillerme Vázquez.

O Bloque Nacionalista Galego está a intensificar a súa acción política en demanda do respecto dos lexítimos dereitos que asisten á activista saariana, conculcados por Marrocos coa cumplicidade do Goberno español.

O BNG entende que a grande maioría da sociedade galega respalda a causa do pobo saariano e o seu dereito a vivir libremente no seu País, fóra da ocupación marroquina.

“O Goberno español está moi lonxe de ter feito todo o que estaba na súa man para conseguir a resolución positiva deste conflito”, avalía Guillerme Vázquez. “Hai que exixir con clareza e sen morneza a Marrocos que devolva o seu pasaporte a Aminetou e que lle permita o retorno sen condicións á súa patria”, engade.

También te puede interesar