Destacados

Marisol Soengas recibe o premio María Josefa Wonenbruger pola súa loita contra o melanoma

Un paciente con melanoma.
Un paciente con melanoma.

A investigadora galega, Marisol Soengas González, recibiu o galardón da III edición do Premio María Josefa Wonenbruger polo seu traballo na investigación do cancro de pel. Durante a súa comparecencia, a científica e directora do Grupo de Melanoma del Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO), resumiu o traballo que realiza o seu laboratorio, que se centra especificamente nas alteracións benignas e malignas dos malanocitos, que se encontran na capa superior da epidermes e sintetizan e segregan melanina, pigmento que absorbe radiación ultravioleta e protexe as outra célula da acumulación de mutacións no ADN.

Soengas explicou que traballan en tres áreas de investigación: 1. Cómo se alteran os melanocitos, e como se para (suprime) a súa transformación nos nevus. 2. Cómo distinguir molecularmente nevus de melanoma, e cómo progresa esta enfermidade. Neste momento carécese de marcadores que permitan predicir si un melanoma va o no a metastatizar. 3. Entender e superar a quimiorresistencia do melanoma metastásico, desenvolvendo novos modelos e novos fármacos.

A galardoada indicou que un dos maiores problemas a hora de estudar os melanomas é  a súa complexidade, xa que se identificaron un gran número de mutacións, e máis de 1.000 mudanzas na expresión e función de proteínas que afectan a tódolos mecanismos de malignidade coñecidos. Por iso, entender o seu orixe é importante para deseñar terapias personalizadas, e iso é o que está a facer o seu grupo.

María Soledad Soengas está tentando montar unha pequena empresa de biotecnolóxica (BIOncotech), para desenrolar un composto que caracterizamos recentemente para recadar fondos de capital de risco, e así poder chegar a ensaios clínicos en fase I e fase II.

A Fundación Mel

Aproveitou a entrega deste premio para anunciar a creación da Fundación Mel, sen ánimo de lucro, “cuxo obxectivo será integrar os pacientes, a investigación e a clínica no melanoma”. Agora, “somos moi poucos, pero estamos dispostos a sacala adiante” por iso “procuramos voluntarios, profesionais que nos axuden nos aspectos legais e administrativos, necesitamos tamén unha sede, e por suposto financiación… así que nosos brazos están abertos a calquera contribución por pequena que sexa”, dixo a todos os asistentes.

A cerimonia de entrega

A cerimonia, que se celebrou no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGac), asistiron, ademais da conselleira de Sanidade, outros membros do goberno galego como o director xeral de Innovación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i), Ricardo Capilla Pueyo, a secretaria xeral da Igualdade, Marta González Vázquez, e o secretario xeral das Universidades, Xosé Alberto Díaz de Castro.

Ademais, tamén estiveron presentes as premiadas nas anteriores edicións, Inmaculada Paz Andrade e Teresa Miras Portugal, a familia da galardoada,- os seus país, irmáns e o seu marido-, ademais de numerosos representantes do mundo académico, científico e sanitario. A matemática María Josefa Wonenburger Planells, que leva o nome do premio, desculpou a súa ausencia debido a problemas de saúde, pero estivo representada polo seu sobriño Xabier Pita Wonenburger.



Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.