.
A Consellería de Cultura e Tursimo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo e Turgalicia, vén de incorporar unha nova ruta do Camiño de Santiago ao programa Bono Iacobus: O Camiño do Norte, que xunto as rutas Fisterra-Muxía, Camiño do Sueste (Vía da Prata), Camiño Francés e Camiño Portugués, posibilita percorrer os tramos galegos da Ruta Xacobea pernoctando na rede de aloxamentos de Turismo Rural de Galicia
O Bono Iacobus é un servizo turístico deseñado especificamente para o Camiño de Santiago que permite percorrer por etapas as distintas vías históricas que conducen a Compotela, aloxándose cada día nunha casa de Turismo Rural diferente. O prezo do bono inclúe o aloxamento e as ceas. Tamén é posible contratar como servizos opcionais o picnic para o xantar do día, o traslado de equipaxe e o aloxamento en Santiago de Compostela.
Todas as casas de Turismo Rural que cooperan co Bono Iacobus ofrecen nos seus aloxamentos unha acollida familiar e unha gastronomía de calidade, e atópanse moi próximas aso puntos de chegada de cada etapa. O Bono Iacobus pode ser adquirido durante todo o ano, agás o mes de agosto e na Semana Santa.
Este servizo comercialízase a través dunha axencia de viaxes e pódese obter información sobre el na páxina web turgalicia no teléfono de atención de Turgalicia 902 200 432
.
Ampliación das canles de comercialización
Por outra parte, Turgalicia vén de publicar un concurso público cuxa resolución posibilitará unha ampliación da comercialización do Bono Iacobus.
Deste xeito, a empresa adxudicataria para a venda doeste servizo deberá ser maiorista/minorista, de xeito que ademais de comercializar esta directamente o paquete turístico, se poida comercializar a través de outras axencias de todo o mundo.