_agenda Agenda

O Arquivo Pacheco deixa escapar as súas mulleres

No Arquivo Pacheco poden verse fotos feitas desde principios do século XX.
No Arquivo Pacheco poden verse fotos feitas desde principios do século XX.

Dous meses nos que poder disfrutar de 95 imaxes de mulleres que aparecen no Arquivo Pacheco. Esta é a mostra ‘Mulleres‘  da Casa das Artes (ata o 10 de xaneiro), integrada por fotografías en diferentes formatos feitas entre 1910 e 1960 e coas que se intentan crear dous espazos diferentes: un íntimo, con retratos realizados en estudo fotográfico ou no propio fogar das mulleres, e outro máis aberto que plasma ás protagonistas no traballo ou practicando deporte.

Imagen de la exposición
Imagen de la exposición

A exposición forma parte do plan de poñer en valor o Arquivo Pacheco, para o que se elaborou un programa de actuacións e se dotou con persoal suficiente para desenvolvelo. O seguinte paso chegou a principios de 2009 coa apertura do Arquivo a especialistas e que culminou en xullo coa apertura das súas portas ao público en xeral.

También te puede interesar