RGPD - Cookies
Sin sección

Concerto Pobreza Cero na sala Mondo Club

Pobreza Cero xuntou aos mellores grupos para un concerto en Vigo
Pobreza Cero xuntou aos mellores grupos para un concerto en Vigo

A Sala Mondo (Joaquín Loriga, 3) xuntará esta noite a diversos grupos no concerto Pobreza Cero. Por sólo 2 euros poderás escoitar aos grupos máis destacados do panorama galego:

SEPTIEMBRE
Pablo Álvarez, Celso Alonso e os irmáns Marcos e Albert Lois forman o grupo Setembro. Un grupo vigués con a penas dous anos de idade e con un álbum titulado «Bajo el sol» composto por sete temas que se rixen polas normas do Power pop actual, con melodías pegadizas e armonías vocais semellantes ás do pop dos anos 60, combinadas con fortes riffs de guitarras e unha enérxica sección rítmica.

TOXIC PATROL
Toxic Patrol conforman a gran esperanza branca do no-future do rockabilly trash-to no occidente. Revulsivos activistas da escena musical viguesa, son apaixoados consumidores da cultura trash americana dos anos 50 e europea dos 80. Cunha estricta dieta a base de rockabillly, neo rockabilly e psychobillly, seus tres compoñentes en directo practican o rockabilly trash-to máis torpe, prescindible e indecente que se poida fabricar nesta reserva espiritual de occidente.

PORTRAIT
Os primeiros integrantes deste grupo, Carlos e Alejandro, publicaron os seu primeiro Ep, «Self», con temas de cantautor folk. No ano 2006 únese ao grupo Fernando á batería. Máis adiante, a pianista e corista Elena, e a violinista Sara, completarán este actual quinteto acústico.

JINGhang Man
Este xoven grupo vigués está composto por Gerad Perod (baixo), Juanjo Fitre e Andrelo (guitarra), Antonio Bárbarez (batería) e Luis Alrod (Voz). A súa música a definen como “canción popular melodramática” a cal fai bailar e rir coas súas inxeniosas letras. Todo un espectáculo que non se debe perder.

CARABA
Sen dúbida o grupo máis novo da noite. Formado por Xermán ( voz e guitarra), Greñas ( batería) e Nico ( baixo) conforman un dos grupos emerxentes da cidade olívica. A súa música, fusión de rock, funk e pop con algúns toques de jazz e os seus referentes musicais Nirvana ou Red Hot na esfera internacional e de The Phantom Club no eido local.

También te puede interesar