Cultura

‘Vigo a escena’ volta ás taboas no 2010

Xesus e Xerome na presentación de 'Vigo a escena'
Xesus e Xerome na presentación de 'Vigo a escena'

O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este mércores que o programa “Vigo a escena” comeza unha nova etapa o vindeiro ano, xa que este circuito teatral municipal incluirá tamén as actuacións das compañías de teatro afeccionadas, ademáis das profesionais. O edil nacionalista explicou que para acadar este obxectivo, e como novidade, a convocatoria para participar se fará pública o vindeiro venres e haberá 15 días naturais para cursar a solicitude.

Xesus López salientou que o programa “Vigo a escena” leva o teatro a todos os barrios e parroquias de Vigo, dando a coñecer o traballo das compañías viguesas. “Para a convocatoria do 2010 queremos prestar especial atención ás compañías de teatro afeccionadas, ademais das profesionais”. O concelleiro de Cultura, por outra banda, expresou os seus parabéns ao director do programa, Xerome Calero, “polo seu traballo continuado durante tantos anos”.

También te puede interesar