Vigo al minuto

O Concello recadará millón e medio en impostos das empresas de telefonía móbil

O goberno local ratificou este xoves definitivamente no Pleno da Corporación a creación dunha nova taxa ás empresas de telefonía móbil polo uso do dominio público local, un novo imposto que permitirá o ingreso de 1,4 millóns de euros nas arcas municipais que redundarán no aforro” da cidadanía viguesa.

telefonos-movilesSegundo informou a concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, a instauración desta nova taxa equipara a situación das compañías de telefonía móbil coas de fixa, que xa abonan un imposto pola mesma causa, e sitúa a Vigo no mesmo plano que outras cidades como Madrid, onde xa é efectiva desde fai dous anos.

También te puede interesar