Deportes Vigo al minuto

Vigo correrá campo a través este domingo

Leva 31 anos celebrándose relixiosamente todos os meses de novembro. O Memorial Belarmino Alonso volta este domingo 29 de novembro ao paseo do Lagares como “un auténtido espectáculo deportivo dos que non hai moitos en Galicia”. Xa hai 200 deportistas inscritos na proba, pero a organización espera superar os 500 ao longo da semana, xa o prazo para realizar a inscrición por correo electrónico remata o próximo 27 de novembro ás 20 horas.

A carreira, a máis antiga de Galicia tras o campionato galego, comezará ás 10:30 horas na estrada de Camposancos. Concederanse premios en metálico aos cinco primeiros clasificados nas carreiras promesa e senior, mentres que se entregarán trofeos aos primeiros de todas as categorías e ao clube gañador da carreira. A organización corre a cargo do Clube Comesaña de Atletismo, un dos referentes a nivel estatal de cross femenino.

También te puede interesar