Destacados Vigo al minuto

Os nenos aprenden inglés mentras van ao teatro

Cartel da obra
Cartel da obra

O Servizo de Educación do Concello de Vigo prantexa no marco do Programa Educativo Municipal “AULAS INTERNACIONAIS”, unha nova edición da iniciativa didáctica “VIGO ACTIVITIES 2009-2010” coa finalidade de ofertar á comunidade educativa distintas propostas de actividades que tentan contribuir á mellora da competencia en lingua inglesa.

Esta campaña de teatro en inglés para escolares pretende propiciar un contacto gratificante coa lingua inglesa e a creación dun verdadeiro contexto de inmersión linguística, na procura de mellorar os hábitos e técnicas de comunicación oral, ademais de facilitar a labor do profesorado por supor un factor extra de motivación no alumnado para a aprendizaxe desta lingua.

A escenificación da obra “Teddy Bear” que promove o Servizo Municipal de Educación en colaboración coa Compañía “Global Project”, conta nas súas dúas versións en pequeno e grande formato, cun elaborado material didáctico que serve a profesorado e alumnado para tirar o máximo rendemento educativo desta iniciativa.

O programa levará a escea entre o 23 de novembro ao 2 de decembro, 15 sesións en versión de pequeno formato en 15 centros de ensino previamente seleccionados e o venres 18 de decembro unha sesión en grande formato no Auditorio Helios de Bembrive.

También te puede interesar